Pódese vivir nas nubes? E dentro dunha nube? Neste obradoiro para miniarquitectos e miniarquitectas aprenderemos a construír con aire!
Da man da autora da instalación deste Nadal no Gaiás, Nuria Prieto, construiremos en familia estruturas inchables con materiais sinxelos, como plástico (posibilitando a reutilización de bolsas) e cinta adhesiva, sendo o aire o elemento estrutural fundamental, introducido mediante un ventilador doméstico ou, en escalas máis pequenas, cun secador de pelo ou convector.
A creación céntrase na reflexión dos nenos e nenas sobre como debe ser ese espazo, transformando corredores en pequenos hábitats con identidade propia. O máis divertido chega ao rematar a obra; cando estes miniarquitectos e miniarquitectas conclúen a súa construción… toca xogar!









