Décadas de exploracións, un paraíso natural oculto, unhas etnias milenarias, uns obxectos máxicos… Orinoco. Viaxe a un mundo perdido preséntase como unha exposición moi lúdica e atractiva para todos os públicos coa que poder converterse en explorador e coñecer outras culturas, outras civilizacións, unhas paraxes exóticas ou outra forma de relacionarse coa natureza e o medio.
Cada sábado, pequenos e maiores poderán adentrarse no corazón da selva amazónica e descubrir os costumes das doce etnias que habitan o Alto Orinoco, a súa artesanía e o seu saber ancestral nun percorrido especialmente pensado para gozar en familia. Ademais, os pequenos da casa terán a oportunidade de converterse en auténticos indíxenas ao introducirse no Campamento Tepuy, unha zona con actividades didácticas nas que dar renda solta á súa imaxinación.
Unha outra forma de coñecer Orinoco. Viaxe a un mundo perdido e de pasar o sábado en familia.

