Viraxes: En concerto con Carmina Burana | Banda de Música Municipal de Valga

Versión en galego da popular cantata de Carl Orff, Carmina Burana, que cativa a todo tipo de públicos coa súa forza, espléndida percusión e riqueza rítmica, que dá variedade ao conxunto e impide calquera monotonía.

Será interpretada no Gaiás pola Banda de Música Municipal de Valga, os solistas Esperanza Mara (soprano), Enrique Alberto Martínez (tenor) e Eliseu Mera (barítono), o coro Gli Appassionati, e baixo a dirección de Manuel Villar Touceda. Trátase da primeira tradución íntegra dos textos medievais ao galego, coa música orixinal, e feita e pensada para o público do século XXI.

Reunindo no escenario a máis de 150 artistas, este Carmina Burana en galego exemplifica á perfección a busca de Orff dun formato que revele o poder elemental da música, permitindo ao oínte experimentala como unha forza primitiva e abrasadora

Dirixe: Manuel Villar Touceda

Tradución: Raúl Gómez Pato

 
Música & Escena