Obradoiro co gallo do Día da Ilustración, que se conmemora o 30 de xaneiro, e terá como contidos principais:
- Botar unha ollada ás diferentes personaxes que coñecemos
- Como se fan personaxes a partir de elementos do mundo real
- Ver o mundo de forma diferente
Na actividade as nenas e os nenos crearán personaxes con elementos que atoparán no espazo de traballo, e outros que traian eles mesmos. Así, con papel de debuxo, lapis, ceras de cores, gomas de borrar, froita, latas de refrescos… crearán os diferentes tipos de personaxes: bos, malos, aventureiros...
[A imaxe é unha ilustración con obxectos cotiás de Gilbert Legrand]

26 Xuñ - 7 Xul // 28 Ago - 8 Set 2023
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)