A viaxe feliz de Ramón Sanfiz |Teatro - Día das Letras Galegas 2023

A Biblioteca de Galicia celebra o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Francisco Fernández del Riego, cunha obra de teatro, A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, a cargo da compañía Fantoches Baj.

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña  lucense, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público cóntalle a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido, engarzando as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se foi atopando polo camiño.

Para a narración apoiarase en diferentes técnicas do teatro de rúa: a música, os monicreques, os romances de cego, o limberjack e o Kamishibai.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)