A vosa cativada aínda non viviu Unha noite no Bosque de Galicia? Non pode perder esta experiencia de acampada nun espazo natural único, na mesma contorna de Compostela! Inscríbídea nesta experiencia divertida e instrutiva adobiada das doses xusta de lecer, natureza, arte, astronomía, mitoloxía e respecto ao medio ambiente para gozar dunha aventura única!
A vosa rapazada só ten que preparar o saco de durmir, pixama e cepillo de dentes e vir disposta a gozar desta divertida aventura!
PROGRAMA
Venres tarde
- 19:00 ~ Recepción dos e das participantes. Punto de Información
- 19:30 ~ Visita guiada polos espazos arquitectónicos
- 20:15 ~Montaxe de campamento no Bosque de Galicia
- 21:15 ~ Cea. “Lume do campamento”
- 22:30 ~ Roteiro polo Parque do Lago e Bosque de Galicia “Os Sons da Noite”.
- 23:15 ~ Obradoiro de estrelas “Mitoloxía”
- 00:00 ~ Peche de xornada. Descanso
Sábado mañá
- 8:30 ~ Diana. Aseo e almorzo
- 9:15 ~ Recollida do campamento
- 10:00 ~ Obradoiro: Repaso da fauna nocturna mediante fichas e cantos.
- 11:00 ~ Obradoiro: Realización dun obradoiro de nós básicos
- 12:00 ~ Peche de actividade e despedida
IMPORTANTE:
- Para participar na actividade é necesario traer cuberto e asinado o formulario dispoñible na sección de descargas desta páxina. No caso de que quen deixe ou recolla ao/á participante non sexa a persoa titora legal deberá traer o documento asinado polo/a titor/a legal e copia do seu DNI
- Prégase que antes do inicio da actividade, os titores e titoras dos participantes consulten o documento de recomendacións que se atopa na sección de descargas desta mesma páxina.
- Se non se acada un mínimo de 8 participantes por quenda, a sesión será suspendida, efectuándose o reembolso das entradas ou o cambio para outra sesión. De producirse, esta suspensión será comunicada a véspera (o día previo á actividade correspondente) a partir das 13 horas.