Verán no Gaiás | Camiño ao Gaiás 2019

Unha nova forma de achegarse ao Gaiás e á propia cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito, ofréceselles aos e ás visitantes novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor a fermosa contorna natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela, xa que se parte do centro histórico.

Para rematar, todas as persoas que o desexen, poden acabar bailando na Praza Central do Gaiás ao son das suxestivas propostas dos concertos de Atardecer no Gaiás.

Cóntase de novo coa ruta nocturna desde o Punto On da Cidade da Cultura ás 22.30 horas, unha vez espertado o ánimo cos ritmos de Atardecer no Gaiás.