Verán no Gaiás 2019

Verán no Gaiás 2019 vai espremer as xornadas de estío cunha oferta cultural de 100 actividades, coas que se tirará proveito da vantaxe que dan estes días longos sen fin e coas que se prevé espertar o interese de máis de 50.000 persoas.

Deste xeito, a Cidade da Cultura presenta unha programación que arranca co concerto de Os Resentidos o día 21 para festexar o Día da Música e que  abrangue case todas as franxas horarias e tamén case todos os tramos de idade:

 

 
 
  • PÚBLICO NOVO: cos concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás. Este ciclo está a servir de altofalante a estilos cada vez máis emerxentes (flamenco-pop, cumbia ou trap) e que rexistrou no verán pasado a cifra récord de máis de 16.000 asistentes. Un número de participantes que se pretende consolidar coas 20 actuacións programadas para este 2019. Ademais, no verán tamén celebramos a novena edición da residencia de creadores emerxentes do Encontro de Artistas Novos (EAN).
 
  • PÚBLICO ADULTO que procura plans máis sosegados, como As Nocturnas. Estas visitas fóra do horario habitual ás mostras do Museo Centro Gaiás rematan con conversas informais e distendidas ao redor dun viño, petiscos e música ao vivo. Unha experiencia case exclusiva porque as prazas son limitadas e sempre se cobren.
 

ACTIVIDADES DE CULTURAIS DE LECER E AO AIRE LIBRE

Trátase, en definitiva, dunha programación que tira o máximo proveito da Cidade da Cultura, tanto da súa arte —con actividades culturais e para todos os públicos ao redor das dúas mostras vixentes ou as instalacións nas Torres Hejduk (Plástico a mareas e a futura Stay Here)— como das súas zonas naturais (acampadas, andainas ou o ciclo de intervencións paisaxísticas Reb/veladas na paisaxe).

Preséntase unha oferta pensada, na súa meirande parte, para celebrarse ao aire libre (acomo os concertos de Atardecer no Gaiás, Camiño ao Gaiás, Unha noite no Bosque, Cidade Imaxinaria ou As Astronómicas) e espremer o bo tempo do estío, que soe ser o que presta nesta época.

As previsións de asistencia e participación son as de superar as preto de 50.000 persoas alcanzadas no Verán no Gaiás de 2018, xa que este ano contamos con máis actividade: 100 fronte ás 70 da edición pasada.

 

 
En familia
 
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
24 AGOSTO
De 16 a 20 horas
24 AGOSTO
De 16 a 20 horas
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h
13 SET - 10 NOV
De 10 a 20 horas