V Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

 A Cidade da Cultura acolle a quinta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que as formacións participantes interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión. Como habitualmente, o Festival rematará cunha emocionante actuación conxunta de todas as agrupacións, que interpretarán na praza central o Himno Galego.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia busca dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas, ao tempo que se fomenta unha xornada de convivencia entre os seus compoñentes, provenientes de toda a xeografía galega e co nexo común do seu amor pola música.

>DESCARGA O PROGRAMA

 

PROGRAMA DA XORNADA

MAÑÁ

 11:00 h Banda Xuvenil da Banda de Música Municipal de Celanova 

11:30 h Banda Xuvenil da Escola de Música de Salceda

12:00 h Banda de Música Xuvenil de Castrelo-Cambados

12:30 h Banda de Música Xuvenil de Santa Cruz de Ribadulla

13:00 h Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal

13:30 h Banda Escola Ateneo Musical de Bembrive

 

 TARDE

16:30 h Unión Musical de Tenorio

17:00 h Banda Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla

17:30 h Banda de Música Xuvenil da Escola da Banda A Unión de Guláns

18:00 h Xove Banda de Valga

18:30 h Banda Xuvenil de Lalín

19:00 h Banda Sinfónica Xuvenil Galega

20:00 h Himno galego (Praza Central)

20:15 h Discursos e entrega de diplomas participación ós representantes das bandas