Dúas tardes cheas de diversión en familia nunha contorna natural única. Unha programación de actividades familiares que recolle o espírito participativo e festivo das grandes citas culturais, pero adaptándoo a un formato máis sustentable, accesible e en harmonía coa contorna. Música, teatro, xogos e obradoiros... descubre o que che agarda nestas tardes no lago.
Mércores 9 de xullo
|
Vicki e a felicidade, Bandullo Azul. Ás 18:00h A historia dun neno soñador que quere devolver a alegría á súa aldea. Unha viaxe chea de humor, maxia, emocións e música, que pon no centro a empatía, os coidados e a procura da felicidade. |
Obradoiro de Land Art, 7h Coop. Ás 19:00h Unha proposta para aprender a crear as túas propias obras con elementos naturais ou de refugallo. Unha actividade para explorar a paisaxe e xogar coa creatividade. |
|
Clover: unha porquiña diferente | Beatriz Cabaleiro. Ás 19:00h Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. |
![]()
Unha revisión teatral a este clásico dende unha perspectiva ecoloxista: unha balea aparece debilitada pola contaminación mariña. Unha proposta coidada e accesible. |
|
Xogos tradicionais, SororAs Un espazo de xogos tradicionais para fomentar a creación e a aprendizaxe en igualdade. Un espazo de diversión para a cativada ao longo de toda a xornada. |
|
Mércores 16 de xullo
|
Bosque, Mamá Cabra. Ás 18:00h Mamá Cabra cumple 25 anos e celébrao cun percorrido polos seus grandes éxitos. Unha actuación musical chea de ritmo! |
Ioga na natureza. Ás 19:00h Unha actividade para conectar coa natureza nunha contorna que inspira moita calma como é o Parque do Lago. |
|
A Ciclobiblioteca. Anxo Moure. Ás 19:00h Unha proposta de narración oral en defensa da natureza a través dunha biblioteca itinerante e sostible. A través da forza da palabra, convidará ás familias a mergullarse nun universo de contos que falan de árbores, ríos e coidado do planeta. |
Maruxiña, Aurora artes escénicas. Ás 20:00h Unha peza con música en directo e na que o clásico de Polgariño nos leva a unha versión na que a relación, coidado e descuberta da natureza é o fío argumental. |
|
Xogos tradicionais, Miudiño. Espazo de xogo libre con materiais naturais de calidade baseados no brinquedo tradicional ou o material natural non estruturado para avivar o xogo e a convivencia entre xente grande e pequena. |
|
¿Cómo llegar?












