Unha noite no bosque

Colle o teu saco de durmir e vive no Gaiás unha noite única. Os máis aventureiros poderán gozar dunha acampada na que compartir e coñecer a nosa flora e fauna, a importancia dos bosques e hábitats e os costumes e oficios vencellados á madeira a través da mostra Da árbore á cadeira. E, como colofón, pasa unha noite rodeado de natureza e á luz das estrelas e de lendas mitolóxicas no corazón do Bosque de Galicia.

Programa

Venres tarde

19:00 Recepción dos participantes. 

19:30 Visita guiada pola exposición ‘Da árbore á cadeira’ 

20:15 Montaxe de campamento 

21:15 Cea. 

22:30 Roteiro polo Bosque de Galicia ‘Os Sons da Noite’. 

23:15 Obradoiro de estrelas “Mitoloxía”

00:00 Peche de xornada. 

 

Sábado mañá 

8:30 Aseo e almorzo 

9:15 Recollida do campamento 

10:00 Obradoiro da fauna nocturna

11:00 Obradoiro de nós

12:00 Despedida

 
En familia
 
29 Out, 3 Nov e 26 Nov 2023
Ás 19.00 e ás 20.00 horas