Unha árbore do Nadal para decorar en familia

A Cidade do Nadal xirará ao redor dunha árbore xigante que estará situada no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás. A estrutura, fabricada en madeira, concíbese como un elemento para reunir ás familias, que traballarán xuntas para engalanala cos afeites que fabricarán nos diferentes obradoiros.

Na tarde do día 14 de decembro esta árbore acenderá a súa iluminación coa decoración básica e co pasos dos días irá sumando ornamentos de papel, cartón e froitos propios desta época do ano. Unha tradición que agardamos repetir ano tras ano, animando a cidadanía a achegarse ao Gaiás para participar na decoración de cada Nadal.

 
En familia
 
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h