Unha árbore de Nadal. Mans á obra!

Sabías que transformando e pintando papeis, cartóns de ovos e botellas de plástico podemos construír unha árbore de Nadal? E que con moita imaxinación, papel, algo de pintura, vidro e un pouco de corda poden realizarse uns adornos e regalos para a árbore que deixarán á xente coa boca aberta?

A Cidade da Cultura convídate a crear a túa propia árbore de nadal sustentable… e creativa. O obradoiro Unha árbore de Nadal. Mans á obra! é a oportunidade perfecta para desenvolver a creatividade e a imaxinación dos máis pequenos a través de técnicas de reciclaxe, papiroflexia, pintura e modelado que terán como resultado unha árbore fermosa ademais de ecolóxica.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)