Travesía unicornio | Teatro na Biblioteca de Galicia con motivo do Día do libro Infantil e Xuvenil

Travesía unicornio chega á Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil da man de Teatro Ghazafellos.

A obra é unha adaptación teatral de Pepablo Patinho do libro de María Canosa, gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por Edicións Embora en marzo de 2023. A historia presenta a un neno e o seu unicornio que se atopan cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Para conseguilo, deberán escoitarse, aceptarse e, sobre todo, respectar tamén os desexos das demais persoas.

Unha proposta chea de humor que cuestiona os roles tradicionais de xénero e abre a porta a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.