Torneo Nacional de Debate

A Cidade da Cultura de Galicia será esta Semana Santa o escenario do Torneo Nacional de debate universitario, no un total de vinte equipos procedentes de universidades de todos os puntos de España –entre elas, as tres galegas- amosarán o seu dominio da arte da palabra.

O Gaiás ofrécese así como escenario onde impulsar a cultura da oratoria e da retórica a través dunha batalla dialéctica que reunirá por primeira vez en Santiago de Compostela durante tres días aos mellores estudantes universitarios, de máster ou de segundo ciclo de Formación Profesional ao redor dun gran debate intelectual.

Xunto a eles, a Cidade da Cultura contará coa presenza de xuíces de recoñecido prestixio e ampla experiencia na arte da dialéctica, que decidirán que equipo domina mellor a arte da oratoria e a retórica, así como talento para a investigación, documentación e traballo en equipo.
 
Durante a xornada do venres 29 e o sábado 30, os equipos enfrontaranse nas fases preliminares ao redor dun tema elixido pola organización e non coñecerán a postura a defender ata minutos antes da súa intervención.

A gran final terá lugar o domingo 31 de marzo na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, de onde sairá o gran gañador.

O acceso dos espectadores a cada un dos debates será libre e de balde, incluído o debate final.

Visitar
 
Torneo Nacional de Debate. Fotos: Manuel G.Vicente