Ti tamén podes facer divulgación científica!

Que ve á túa mente cando pensas nun científico? Se imaxinas unha persoa con bata branca, distraída e absorta na resolución dos seus problemas...caíches na percepción estereotipada e errónea que se ten dos científicos! A miúdo pensamos nos científicos como persoas que viven illadas, ata certo punto preocupadas, un pouco tolos, pero, iso si, moi intelixentes, case xenios, que fan un traballo moi complexo.

Pero a realidade é que... practicamente todos levamos un científico dentro e todos podemos facer ciencia e transmitir o coñecemento á nosa contorna. Neste obradoiro imos aprender como se fai ciencia e algo máis importante: como podemos transmitir o noso coñecemento dunha maneira áxil e divertida. Para isto aprenderemos a elaborar guións literarios e gráficos que nos permitan trasladar o noso coñecemento a un sector máis amplo da sociedade.