Unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes, aliñada con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Esta é a proposta que ofrecerá este xoves Talabarte, o novo proxecto folk formado por Quim Fariña ao violín, Pedro Pascual ao acordeón e Kin García ao contrabaixo.
Contemporaneidade e tradición, xuntas nun concerto diferentes no que será imposible deixar de mover os pés e indiferentes aos sentidos.



