Soña María | Obradoiro ao redor da figura de María Casares

Xogos con máscaras, quebracabezas, un maletín cheo de sorpresas... A vida de María Casares estivo chea de emocións e con emoción tamén vai gozar a cativada deste obradoiro!

No obradoiro  Soña María preséntase a figura da actriz María Casares dende a perspectiva da súa infancia, enfocada na nena María, onde a realidade, ficción e fantasía mestúranse para achegarnos á faceta artística desta singular muller, que rompeu as normas do seu tempo para construír a súa vida.

Achegarémonos a unha nena, María, á que, coma a todas as rapazas, lle gusta xogar, pintar, interpretar…O obradoiro bota man do xogo dramático e plástico para representar situacións da súa vida, unhas veces pracenteiras, outras non tanto…

Ao final do obradoiro, e como agasallo, repartirase entre os asistentes un conto.

Imparte OQO Editora.

 
En familia
 
28 e 29 Xan 2023
28 e 29 Xan 2023
Mañá e tarde
28 e 29 Xan 2023
Ás 13.00 horas
28 e 29 Xan 2023
16.30 a 20.00 h
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas