Non pode haber aniversario sen festa. Por iso, a partir das 13:30 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá unha sesión vermú para celebrar o seus cinco anos de vida cun convidado de luxo: Delafé, que nos fará gozar da mellor selección musical nunha sesión DJ moi especial.
Tras a súa aventura de máis dunha década con Delafé y Las Flores Azules, José Mujica -ou Delafé- é un referente na música deste país, coa súa combinación de pop, hip-hop, soul, funk, electro, disco e seu incofundible parafraseado, a súa enerxía incombustible e a autoría de mensaxes bala. De xira co seu primeiro disco en solitario La fuerza irresistible, Delafé fai un alto no camiño para celebrar connosco o aniversario do Museo Centro Gaiás nunha sesión DJ que será unha auténtica homenaxe á música negra.
Soul, funk, reggae, rocksteady ou hip hop son os estilos dos que poderás gozar nesta pinchada especial, aínda que sempre pode haber un oco para que caia algún clásico da historia do rock e do pop. Luz e moi boas vibracións para bailar sen parar e para gozar da boa música.
A sesión vermú contará, por suposto, cun vermú galego para acompañar á selección musical de Delafé por cortesía de Petroni.
