Sensacións Debuxadas | Obradoiro de ilustración con Manel Cráneo

Co gallo de profundar na nosa capacidade creativa, a Biblioteca de Galicia convídanos a un obradoiro co que descubrir e experimentar a ilustración da man do gran Manel Cráneo

Lapis de cores, rotuladores, papeis e mesmo instrumentos musicais serán as ferramentas das que nos valeremos para nos embarcar nesta experiencia que activará todos os nosos sensos e que nos permitirá entender de que maneira inflúen na nosa capacidade creativa. 

Pensado para a rapazada de entre 5 e 11 anos de idade, o obradoiro é de balde previa inscrición na web. 

Manel Cráneo

Artista multimedia de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Ovo, Costra de Postre, Os Rústicos da Guadaña, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual, Boletín Galego de Literatura, Caña, Viralatas ou Golfiño. Colaborou en volumes colectivos como Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) ou H2OIL (Colectivo Chapapote). Publicou os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006, con guión de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009, reeditado en 2012), Cousas de mortos (Demo Editorial, 2012), A Fraga Milmañas (Demo Editorial, 2013, con guión de Carlos Amil) e Destino Hërgüss (Demo Editorial, 2015, dentro do universo do Planeta Mincha). A súa BD Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe, e tamén se produciu un capítulo piloto de serie de animación baseado no universo de Planeta Mincha. Expuxo a súa obra en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de García Lorca (Granada, 1998). 

 

 
En familia
 
10 Dec 2022
De 18.00 a 19.00 horas
16-30 Dec 2022
De 17.00 a 19.00 horas
Do 16 Dec 2022 ao 8 Xan 2023
17 Dec 2022
Ás 18.00 horas
2 - 5 Xan 2023
11 a 14.30 h | 16 a 20 h