Sensacional

Bebés de entre 18 meses e 3 anos están convidados a xogar nunha gran pantalla branda instalada no chan e a deixarse levar polas imaxes e a banda sonora que se proxecte sobre eles.

Será no espectáculo Sensacional, co que o Gaiás se converterá nun espazo de sensacións audiovisuais para os máis pequenos: equipados cun vestiario de cor branca, os nenos deixaranse levar polo estalido de imaxes que se propagan por todas partes e pola suxerente banda sonora, dando lugar a unha experiencia visual e sonora sorprendente.

*Nota: o vestiario branco dos nenos corre a cargo da organización do espectáculo.