Rogelio Groba #85. Visións sonoras dunha vida

A Cidade da Cultura de Galicia participa na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea acollendo no Museo Centro Gaiás o concerto inaugural: Rogelio Groba #85. Visións sonoras dunha vida.

Logo dunha vida dedicada á composición, Rogelio Groba atesoura un catálogo que se achega aos 700 títulos nos que presenta facianas moi diversas, xa que ao longo de todo este tempo abrangueu a práctica totalidade de xéneros musicais e unha rica variedade estética. En palabras do propio compositor natural de Ponteareas que cumpre 85 anos de intensa actividade, "o emprego dunha linguaxe ou doutra vén motivado polo contido de cada obra".

A Orquestra de Cámara Galega amosa neste concerto homenaxe tres das linguaxes estéticas máis habituais de Groba: unha que poderiamos considerar neobarroca (Intres Boleses, 1978), outra de perfil neorromántico con toques etnográficos (a suite Grovios, 2004) e a terceira máis persoal, expresiva e sentimental (el concierto para trompa Lembranzas diverxentes2014).

* Consulta o programa completo das Xornadas de Música Contemporánea na área de descargas.