Que traballo tan curioso!

A ciencia pode ser divertida e aparecer onde menos o esperas: na cociña, no baño, na escola, no parque... A través da peza teatral Que traballo tan curioso!, os máis pequenos resolverán situacións cotiáns a través de argumentos científicos e rigorosos que nos deixarán coa boca aberta (adultos incluídos).

Cunha brillante combinación de simpáticos diálogos, entretemento e diversión, esta obra de teatro para toda a famlia busca sorprender aos asistentes, pequenos e maiores, amosando a importancia de seguir hábitos de hixiene saudables na nosa vida; e achegarlle a ciencia á sociedade como parte da nosa cultura e presentala sen complexos como unha iniciativa creativa de lecer.

 
En familia
 
 
00:00
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)