Personaxes fantásticas, acrobacias aéreas, maxia, xogos tradicionais, cadeiras que se converten nunha incrible orquestra, zonas de realidade mixta e espazos sensoriais para bebés! Todo isto é o que poderás atopar na Cidade Imaxinaria o vindeiro sábado 7 de setembro. Unha xornada para gozar no Gaiás e celebrar a volta das vacacións por todo o alto. Con entrada libre e de balde, haberá tres espectáculos de pista con escenario fixo e distintos pases, tres actuacións itinerantes que percorrerán a Cidade da Cultura e sete zonas de xogo e actividades.

ESPECTÁCULOS DE PISTA
![]() |
ARTILUSIO (Markeliñe – País Vasco) – Teatro de rúa Unha gran máquina de aparencia fantástica da que descoñecemos a súa utilidade. Podemos percibir que o estraño artefacto funciona ao ritmo dun corazón e tamén que se alimenta de libros. Xunto á ela está Greta.O artefacto é, para ela, coma un gran xoguete co que recrear as súas fantasías e historias. |
![]() |
TRANSIR (Rojo Telón - País Vasco) – Circo, acrobacias aéreas Un xogo sobre a transición e o cambio, a vida e a morte. Cunha posta en escena lixeira e en ton de humor, este espectáculo circense fainos reflexionar sobre a necesidade de aceptar a nosa condición humana para poder pensar no presente; no que somos, o que sentimos e o que queremos. |
![]() |
HERENCIA (La Industria Teatrera - Cataluña) – Clown Un espectáculo en clave de clown sobre o mundo que deixamos. Dous personaxes dentro dun vertedoiro, unha viaxe tenra e divertida para transformar a nosa herdanza. E ti, que herdanza queres deixar? Unha proposta que invita a reflexionar sobre o mundo que vivimos e o que queremos deixar. |
ESPECTÁCULOS ITINERANTES
![]() |
GO GO & STAY STAY (Mimo's Dixie Band – Portugal) – Música, animación de rúa Un espectáculo itinerante de animación que leva por banda sonora o ritmo contaxioso do dixieland, un estilo de jazz con predominancia dos instrumentos de vento metal e da improvisación. Tamén poderemos atopar momentos teatrais, de artes circenses e unha gran interacción co público. |
![]() |
REAL BANDA DAS CADEIRAS ENCARTABLES (Bufa & Sons - Galicia) – Música Calquera obxecto se pode converter nun instrumento marabilloso. A Real Banda das Cadeiras Encartables son un gran grupo de intérpretes que, cunha cadeira ao lombo, fan soar a mellor das músicas. |
![]() |
AUKERA (Bambolea Producciones - Madrid) – Animación de rúa Espectáculo itinerante visual sobre reciclaxe, reutilización e fantasía reunidos, coa auga como elemento principal. Personaxes fantásticos vestidos con latas, libros e outros elementos reciclados, pasean o seu paraugas máxico e reparten sorrisos e pompas de xabón. Unha proposta que nos invita a reflexionar sobre a reciclaxe.
|
XOGOS E ACTIVIDADES
|
ESPAZO SENSORIAL PARA BEBÉS (Risotadas - Galicia) Espazo para a exploración da cativada de 0 a 3 anos a través das cores, o son e as texturas. |
ESCOLIÑA DE CIRCO (Pistacatro-Galicia) Aproximámonos ao circo de primeira man cunha escoliña para indagar nas habilidades circenses da cativada en familia. |
|
OVO (Wetumtum - Portugal) Instalación de exploración dos sentidos para bebés, dende os 3 meses ata os 3 anos, a través do son, a luz e a cor. |
CIRCUS FEIRA (Bambolea Producciones-Madrid) Homenaxe ás antigas feiras que viaxaban polos pobos entretendo á xente con distintos xogos |
|
STEAMPINBALL (Holoqué-Cataluña) Instalación participativa de realidade mixta na que se mesturan as artes escénicas, a artesanía e a tecnoloxía inmersiva. |
XOGOS TRADICIONAIS (Miudiño-Galicia) Xogos tradicionais infantís onde atoparemos entretementos clásicos como zancos, aros, a ferradura, tiracoios, construcións… |
|
ÁREA MÁXICA (Pedro Volta - Galicia) Unha mestura de maxia e tecnoloxía cunha habitación de Ames e unha cabina de hologramas. |
MURAL COLABORATIVO ANTIPOLUCIÓN Un obradoiro para realizar un mural de temática medioambiental con pinturas que depuran o aire. |














