Este Nadal, o Gaiás convida aos máis pequenos a converterse en cosmonautas e adentrarse en KA, un planeta descoñecido. Percorre as montañas de cores e texturas suaves e investiga nos cráteres, covas e rincóns que agochan sorpresas.
Planeta KA propón un espazo privilexiado para a descuberta da súa contorna: texturas diversas, solos irregulares, espazos segredos, pendentes para escalar ou por onde deslizarse e efectos sonoros e visuais que se activan coa súa presenza. Un espectáculo-instalación sensorial co que descubrir un novo mundo.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

