O alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de Galicia dirixe, escribe e tamén protagonizan esta selección de pezas audiovisuais realizadas no marco do Festival Olloboi que poderán verse nesta edición de Pequefilmes 2022. Olloboi é un festival de cinema escolar que se vén celebrando en Boiro dende o ano 2009 e que ten como obxectivo dar visibilidade á creación galega nas aulas e fomentar a realización de curtametraxes por parte dos estudantes, contando coa colaboración do profesorado e tamén de cineastas, actrices e actores galegos. Haberá dúas sesións especiais o día 30 de xaneiro nas Salas Miñocas (Auditorio 1) e Fanecas (Auditorio2) no Edificio CINC, con entrada de balde.
OLLOBOI. MIÑOCAS | Auditorio 1 | Dom 30 XAN | 11.00h | Entrada
- OLLOBOI, UN FESTIVAL DE CINE ESCOLAR. Organización festival e Pablo Chouza (4 min.)
- UN CASO APARTE. EEI de Xustáns (5 min.)
- MILO. CEIP de Coirón (5 min.)
- QUEN LEVOU A LÚA. CEIP A Torre da Illa (5 min.)
- O COLE QUE QUEREMOS. CEIP do Carballal de Marín (4 min.)
- A MELLOR SOPA DO MUNDO. CEIP A Xunqueira nº2 (6 min.)
- OS XOGOS OLÍMPICOS DA CORENTENA. CEIP Ría de Vigo (8 min.)
- MARUXA. CEIP O Carballal (4 min.)
- QUEREMOS GALEGO. IES As Barxas (4 min.)
- CANTO RUÍDO. CPI de San Vicente – A Baña (5 min.)
![]() |
OLLOBOI. FANECAS | Auditorio 2 | Dom 30 XAN | 11.30h | Entrada
- OLLOBOI, UN FESTIVAL DE CINE ESCOLAR. Organización festival e Pablo Chouza (4 min.)
- A ESCALEIRA. CEIP A Lama (5 min.)
- MARUXA. CEIP de Coirón (6 min.)
- OS SUPERPODERES DOS ALIMENTOS. CEIP A Lama (8 min.)
- REGUEIFANDO EN MARÍN. CEIP do Carballal (3 min.)
- OS XERANIO DO SEÑOR ALFONSO. CPI Virxe da Saleta (4 min.)
- PIÑEIROS NO XARDÍN. CIP Eusebio Lorenzo Baleirón (5 min.)
- A XUSTIZA POLA MAN. IES As Barxas (3 min.)
- QUIJANO, O BURRO DA ESCOLA. CPI Cervantes (5 min.)
- BOLBORETAS NO BANDULLO. CEIP Bibei (6 min.)
![]() |
