Pequefilmes 2019

O mellor cine miúdo volve ao Gaiás na terceira edición de Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

Durante os días 26 e 27 de xaneiro de 2019, o Museo Centro Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para a cativada, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Clermont-Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest...).

  • 3 seccións que abarcan todas as etapas da infancia: Vagalumes (dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos), Miñocas (+3 anos) e Fanecas (+7 anos).
  • Máis de 150 proxeccións de curtas procedentes de 30 países.
  • 20 sesións: 14 de concurso (Fanecas e Miñocas) e 6 fóra de concurso (Vagalumes, Festival Clermont-Ferrand)

 

 PREMIOS PEQUEFILMES 2019

Os nenos e nenas, ademais de espectadores, son o xurado do festival. A súa ollada crítica e as súas valoracións tense en conta á hora de conceder os premios do público aos mellores traballos exhibidos nas seccións Miñocas e Fanecas. Os gañadores de Pequefilmes 2019 son:

 Mogul and Perol  Hors Piste
Mogu and Perol. Premio Miñocas 2019 Hors Piste. Premio Fanecas 2019

 

PROXECCIÓNS DE CURTAS POR IDADES

 

OBRADOIROS DE CREACIÓN CINEMATOGRÁFICA

Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrecerá tamén obradoiros nos que toda a familia compartirá a aprendizaxe de técnicas e conceptos fundamentais no proceso de creación cinematográfica e na animación. Uns coñecementos que poderán seguir desenvolvendo posteriormente nos seus fogares para divertirse creando xuntos pequenas películas en familia.

Os obradoiros terán unha duración de 45 minutos e están pensados para nenos e nenas a partir dos 5 anos de idade, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta.