Un antídoto contra o tedio e o aburrimento. Iso é Paracetamol, banda de punk pop afincada en Vigo e formada por Roque Cameselle, Coke Varela e Cristina Pena.
As súas cancións son desenfadadas, divertidas e sen complexos. E esa é a seña de identidade de Enfermedades comunes, un primeiro álbum producido por Pablo Novoa que presenta cancións divertidas e optimistas, con certo aire evocador.

