Os Seráns do TAC - 2012: En torno a Schönberg

Director | Diego García Rodríguez

Presentador | Julián Hernández

Restaurante | Pepe Solla (Poio, Pontevedra)

A figura de Arnold Schönberg dende dúas perspectivas. O Schönberg compositor visto a través dunha obra inspirada no mundo do cabaré berlinés e o Schönberg transcritor visto polo arranxo que fixo deste ciclo de cancións para voz e orquestra de Gustav Mahler. A voz será protagonista.

Cando celebramos os cen anos dunha obra cumio da creación do século XX (Pierrot Lunaire), parécenos oportuno levala ao atril para comprobar que aínda hoxe non deixa indiferente a ninguén. Combinado cos Lieder eines fahrenden Gesellen este Serán transportaranos aos primeiros anos do século XX,  nos que se forxaron algunhas das revolucións musicais máis importantes da historia da música.

Programa

  • Arnold Schönberg (1874-1951): Pierrot Lunaire. Soprano: Carmén Gurriarán
  • Gustav Mahler (1860-1911): Lieder eines fahrenden Gesellen . Barítono: Josep Miquel Ramón