Os Seráns do TAC - 2012

O Taller Atlántico Contemporáneo presenta a segunda edición dos Seráns do TAC na Cidade da Cultura de Galicia.

Mantendo o formato humor-música-gastronomía, o TAC pretende consolidar este proxecto na programación cultural da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, coa idea de desenvolver, nun curto espazo de tempo, unha actividade que sitúe esta cidade, esta institución e este ensemble no panorama internacional da música contemporánea.

Os Seráns do TAC é unha idea que implica a participación dunha boa parte do tecido cultural da nosa comunidade: estreas de obras de compositores galegos; actuación de solistas e intérpretes que desenvolven a súa actividade en Galicia; invitación a artistas internacionais para dirixir ou tocar obras dos nosos compositores e así ofrecerlles unha importante proxección exterior; colaboración con artistas doutros eidos (teatro, audiovisual, danza); colaboración con profesionais de mundos alleos á música (nova cociña, moda galegas).

Cada concerto estará presentado por importantes personalidades do mundo do teatro cun pequeno monólogo que establece pontes entre o humor e a música.

Tras o concerto, cinco importantes restaurantes ofreceranlles aos asistentes unha tapa de cociña contemporánea a partir de produtos da nosa xeografía, que favorecerá un momento de conversa así como de goce dos espazos que ofrece a Cidade da Cultura.

+ info: Programa completo (pdf) 

 

 
Música & Escena
 
7 - 16 FEBREIRO