Director | Paul Daniel dirixe o TAC
Presentador | Kiko Cadaval
Restaurante | Yayo Daporta (Cambados)
O TAC ten o pracer de recibir como director invitado a Paul Daniel, nun programa con música do seu compatriota Harrison Birtwistle, un dos compositores clave no actual panorama musical contemporáneo.
Secret Theatre é unha peza fundamental no repertorio para grande ensemble, que supón todo un reto para os intérpretes, que deben interactuar entre eles creando un misterioso ritual musical.
Neste mesmo programa Paul Daniel interpretará a estrea absoluta dunha peza do compositor galego Eduardo Soutullo, resultado dun encargo do TAC.
Programa
- Eduardo Soutullo (1968): Movement
- Harrison Birtwistle (1934): Secret Theatre


