Ao carón da gran árbore de madeira do Nadal viquingo no Gaiás propoñemosvos festexar estas datas compartindo tempo en familia, sexa cun divertido obradoiro, ou escoitando contos ao redor do lume. Nenos e nenas poderán espertar a súa creatividade fabricando os seus propios colares de doas, inspirados na cultura viquinga, decorando a súa pel con runas nórdicas ou pintando e montando con cartolina un barco viquingo ou unha cabra de Yule.

Obradoiros de "xoiería viquinga"
Inspirádevos na xoiería da época viquinga para deseñar e crear as vosas propias pezas con materiais sinxelos: desde pulseiras a colares de doas ou amuletos, inspirados nos deseños e nas técnicas empregadas polos antigos pobos nórdicos.
- Días 3, 14, 15, 21, 22, 23 e 30 de decembro de 2024, en horario de 18 h a 20 h [último acceso ás 19.30 h]
- Días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2024 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2025, en horario de 12 h a 14 h e de 18 h a 20 h [último acceso ás 19.30 h]
- Idade recomendada: a partir de 5 anos
"Tatuaxes" con runas
Para quen prefira a arte corporal, este obradoiro ofrece un espazo seguro e divertido onde elixir entre diferentes deseños temporais e, guiados polo monitorado, aplicalos sobre a pel de xeito sinxelo. Ademais, permitiravos descubrir os significados dos antigos símbolos viquingos.
- Días 3, 14, 15, 21, 22, 23 e 30 de decembro de 2024, en horario de 18 h a 20 h [último acceso ás 19.30 h]
- Días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2024 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2025, en horario de 12 h a 14 h e de 18 h a 20 h [último acceso ás 19.30 h]
- Idade recomendada: a partir de 5 anos
Contacontos
Varias sesións de contos ao redor da fogueira onde arde durante todo o Nadal o noso tizón de Yule para deixar voar a imaxinación combinando aprendizaxe, tradición e entretemento nunhas datas cheas de maxia.
- Datas: 20, 22, 27 e 29 de decembro de 2024
- Hora: 17.30 h
- Público familiar

