Obradoiro: A ruta da mámoa | Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2023

Inspirado no clásico Xogo da Oca, adaptado á prehistoria. Neste obradoiro as persoas participantes dividiranse en grupos e para chegar á mámoa situada no centro do taboleiro terán que prestar moita atención. O caso é contestar correctamente todas as preguntas e enfrontarte aos perigos típicos de calquera ruta de montaña: barrancos, montes, brañas...Serás quen de chegar o primeiro/a e converterte nun experto/a en arqueoloxía?

 
En familia