Obradoiro de encadernación copta

A costura copta é unha antiga técnica de encadernación artesanal. A súa historia remóntase aos manuscritos coptos da antiga civilización exipcia. Neste tipo de encadernación unhas grosas tapas enlázanse no corpo do libro para protexer o conxunto de caderniños que o forman. Esta técnica utiliza costuras en forma de cadenetas exposta á vista do lombo, cumprindo unha función estrutural e tamén decorativa.

Este sistema de encadernación precisa de poucas ferramentas aínda que fai falta habilidade e tempo para levala a cabo correctamente e conseguir o resultado esperado. Por iso, a Biblioteca de Galicia convida a adquirir os coñecementos necesarios para dominar esta técnica co Obradoiro de Encadernación Copta, de dúas horas de duración, que terá lugar o vindeiro 9 de abril.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)