Obradoiro: Boas prácticas na conservación preventiva | 6ª xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2024

No marco da 6ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia prográmase o obradoiro Boas prácticas na conservación preventiva, impartido por Bárbara Hernández Marino. 

Este obradoiro está orientado a adquirir uns coñecementos básicos e sinxelos sobre medidas de conservación preventiva para libros e documentos tanto no depósito, como durante a catalogación, manipulación e consulta. Comezará cunha mostra das deterioracións máis comúns sobre os bens e ofreceranse pautas de conservación que abarquen aspectos como as embalaxes de protección, a correcta situación de exemplares no depósito, materiais empregados para o marcado e catalogación, e medidas básicas de limpeza dos exemplares.

 
Letras & Pensamento