O fío da Historia

O fío da Historia constrúe unha ponte entre as imaxes do álbum Nós de Castelao e o álbum Caixa de cartón, de OQO Editora, que serve de base para a creación plástica e literaria. Castelao preséntanos unha serie de escenas acompañadas dun breve texto. Pero, que puido acontecer para desencadear esa escena?

Os participantes no obradoiro deberán facer un exercicio de inventiva e pensar no antes e no despois da imaxe, tratando de reproducir en ambos os dous casos o dominio do trazo e da síntese que caracteriza a Castelao, en paralelismo cunha liña máis xeométrica e liñal da que se apropia Hasssan Amekan.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas