Adéntrate no xardín e vive unha experiencia visual lúdica a través do teatro, o vídeo, as sombras e os debuxos.
No xardín conta a historia dunha muller que está sentada no seu xardín soñando, cando se lle achega un home e a invita a unha viaxe polo mundo das imaxes. Xuntos descobren unha tea entre as árbores que se converte nunha páxina en branca para crear e transformar imaxes… nun lugar para xogar e plasmar emocións.
