Partindo de fichas sobre diversas cidades de Europa, que colorearemos e ilustraremos con elementos senlleiros das mesmas, imos elaborar un xogo da oca que nos permitirá viaxar por todo o continente – partindo de Santiago e coa meta en Bruxelas - ao tempo que imos asociando a esas fichas, nas que vaiamos caendo, as súas bandeiras, lingua que se fala, e outros datos significativos.
Unha vez remate o xogo, celebraremos un concurso por equipas para avaliar canto sabemos da nosa Europa.

