Nós, que vivimos nun obxectivo turístico, imos xogar nesta sesión a sermos turistas. Pensaremos en como nos comportamos cando viaxamos, e no que nos gusta e nos molesta dos comportamento do turismo cando nos visita.
Faremos unha serie de murais colectivos con fotografías e datos para achegarnos e coñecer algunhas das cidades máis turísticas do mundo (Nova Iorque, Venecia, Roma, París, Compostela, Madrid....). Cada cidade terá o seu propio mural, centrándonos nuns poucos elementos, moi recoñecibles, de cada unha delas: un edificio, unha comida, unha festa.... Crearemos un xogo de mesa tipo Trivial co que, unha vez rematados os murais, competiremos para ver canto sabemos agora deses sitios.
28 feb 2026
Ás 17:30









