Nexos infantil: Lembrando a Maruja Mallo

Para esta sesión, e ao xirar a mesma arredor dunha figura universal das artes, retomaremos a estrutura das celebradas en 2012 con Galicia, Ceo das Letras.

Achegarémonos á vida e obra de Maruja Mallo mediante os seus cadros, as fotografías, e as persoas que compartiron época, arte e vivencias con ela, e deseñaremos colectivamente unha cronoloxía biográfica da pintora na que situaremos os fitos máis importantes da súa vida, da historia que viviu e da súa obra.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)