Sesión de NEXOS INFANTIL dedicada ao ouvido, á voz e ao ritmo.
Situaremos Portugal no mapa, falaremos da súa cultura, do parentesco lingüístico co galego e poremos en común as nosas experiencias e coñecementos relacionadas co país veciño e realizaremos un mural no que plasmaremos toda a información compilada.
Guiadas por vídeos e cancións, as crianzas asistentes a esta sesión realizarán unha viaxe pola música portuguesa, para coñecer o fado (dende o máis tradicional ao máis moderno), a nova canção portuguesa, Madredeus e mesmo a bandas de actualidade como The Gift ou Deolinda.
Para rematar, aprenderemos algunhas cancións infantís tradicionais portuguesas, como Todos os Patinhos sabem bem nadar.
