Nexos Infantil 2018

Nexos volve prestar especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá nos diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo a través de actividades lúdicas e didácticas coas que aprender xogando.

O obxectivo é que á saída do ciclo, maiores e pequenos teñan reflexionado e aprendido sobre as mesmas temáticas, cada quen desde a súa perspectiva, para poder logo partillar e conversar de xeito interxeracional.

Dirixida a nenas e nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ver/ler/escoitar, facer, falar.

VER | LER| ESCOITAR| actividades nas que nos introducimos na temática do día, relacionadas sempre co contexto espazo-temporal da temática da sesión, achegándonos ao tema desde unha óptica infantil para situar os seus eixos centrais.

FACER | A diversión está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos e nenas participarán de forma activa. Cada sesión será única, con actividades que van desde técnicas de escritura automática e creación de murais a xogos de dramatización, xogos nos que a música e o ritmo sexan protagonistas ou xincanas coas que agudizar os sentidos e resolver enigmas.

FALAR | Como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas entre quen asistiron á sesión adulta e á infantil.

 

 

 
En familia
 
21 de Abril
De 16 a 20 horas
21 de Abril
17.30 horas
28 de Abril
18 horas
5 de Maio de 2018
De 12 a 20 horas