Nexos infantil: Arquitectura. A influencia da Escola de Porto

Mediante xogos realizaremos un achegamento á utilidade e definición da arquitectura reflexionando en común sobre para que serve a arquitectura, para que as casas e edificios... Compararemos imaxes de casas, rematadas e sobre planos, de arquitectura de todo tipo, dende a tradicional casa galega, ata casas modernas máis vangardistas e espectaculares, para chegar á escola de Porto e analizar as súas particularidades e repercusión.

Descubriremos os edificios que esta escola deixou na nosa cidade, sobre todo da man de Álvaro Siza, e xogaremos a reproducir o estilo deste arquitecto nun proxecto de creación propia.

Logo faremos un mural con estes proxectos da nosa imaxinación e finalmente construiremos as nosas propias maquetas ou deseños empregando a plastilina