Naufraxios na luz a cargo de Gail Langstroth

Un espectáculo onde a música, a voz e o movemento arrolan como as ondas do mar; a palabra poética de Manuel Antonio, na conmemoración do 115 aniversario do seu nacemento.

Naufraxios na Luz propón unha lectura actualizada de Manuel Antonio. Catro poemas dun poeta de abismos e océanos; catro textos dunha vangarda xa case centenaria, onde a navegación do espírito carece de faro e de sextante. Na proposta da euritmista Gail Langstroth, o seu eco regresa para lembrarnos os nosos propios significados.

Gail Langstroth

Artista euritmista e poeta, residente en Pittsburgh (EEUU). Traballa a poesía dende a arte da euritmia, técnica na que é especialista e cuxo coñecemento levou a diversas latitudes de América, Europa e Asia. A arte da euritmia pon a beleza poética en harmonioso movemento, a través do cal a palabra e a música fanse visibles no espazo, mostrando os aspectos sutís da alma. É a creación dun diálogo entre o corpo e o son, onde cada sílaba, cada vogal e consoante, encontran a súa expresión no aire que as envolve. Unha danza poética para o deleite dos sentidos.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada