Nadal swing

Este Nadal, nenos e maiores aprenderán a mover o seu corpo a ritmo de swing. Porque o 26 de decembro, a Cidade da Cultura ten organizada unha velada na que non faltará a música en directo para que poidas aprender todos os pasos, exhibicións a cargo de bailaríns profesionais que nos deixarán coa boca aberta cos seus movementos e ata un recuncho no que poderemos caracterizarnos con diferentes accesorios e converternos nos reis da pista.

Programa

  • Música en directo coa banda Los Hot Chocolates, que fará do Museo Centro Gaiás unha auténtica sala de baile, onde transmitir a alegría e o positivismo do jazz tradicional e a diversión do baile do swing.
  • Exhibicións e clases de iniciación ao baile da man de Swing On.
  • Obradoiros de caracterización guiados por Cosmogonía, que permitirán converternos en auténticos bailaríns de swing. 
 
En familia
 
Los Hot Chocolates
Swing On