Músculo!

Atardecer no Gaiás pecha xullo cos sons electrónicos de Músculo!, a banda de Valga que reina coas súas melodías contundentes e bases rítmicas imparables. pop electrónico con tintes kraut para bailar sen parar. 

Tras Selección Natural e Vivac (2013) e El tiempo muerto (2014), Músculo! adiantarán temas do que será o seu primeiro LP, que verá a luz nos vindeiros meses, gravado por Hans Krüger en Montreal Studios en Subiza (Navarra) e masterizado en Alemaña en Calyx.

 E como todos os venres, tras a actuación de Músculo!, saltará ao escenario da praza central Chus Silva DJ por cortesía da Cantina do Gaiás.