A man

Catro mans, unha pequena olería e un diminuto personaxe de barro. Estes son os tres elementos clave de A man, unha historia contada con barro cun protagonista cunhas ganas enormes de escapar, un escaparate e os seus inquilinos e unha taza que respira.

Unha historia de amor e pequenos fracasos contada nun metro e medio e onde o espectador, que observa, está convidado a tomar o té.