Lorena Álvarez y su banda municipal

Atardecer no Gaiás ten esta semana un único pero gran concerto: o de Lorena Álvarez y su banda municipal. Esta cantautora asturiana chega ao Gaiás cun dos seus directos arrebatadores e sorprendentes que misturan espontaneidade, frescura e carácter.

Para quen non a coñeza, Lorena Álvarez recupera formas tradicionais da música popular española e a actualiza e reinterpeta. As súas cancións mesturan sons tradicionais con estruturas sinxelas máis próximas ao pop contemporáneo, con historias comúns, feitos que dunha unha ou outra forma poderíamos ter protagonizado. As súas historias son as de todos. Por iso, os seus discos e os seus concertos atrapan, divirten e conmoven tanto a mozos como a maiores, que ven na súa música unha chiscadela sinceira ao que todos puidemos vivir.