La Negra

Amparo Velasco,  La Negra, chega ao Gaiás coa súa voz rota e persoal cunha mestura de sons que dan lugar a unha linguaxe propia.

La Negra protagonizou un sonoro debut en 2006 co seu primeiro traballo homónimo, producido xunto a Javier Limón e que deu lugar a un sutil e legante tratado de flamenco. En 2012 regresou para sacar á luz La que nunca, un álbum co que explotar o son xitano de La Negra: pop fusión que deconstrúe xéneros como o flamenco, o jazz ou a psicodelia, logrando sonar sofisticado e rabiosamente contemporáneo.

Mestizaxe en estado puro co que arrancaremos esta última semana de Atardecer no Gaiás.