A cuarta edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais, dirixido por Javier Otero Neira, chega o 25 de setembro á Cidade da Cultura. Dedicado á promoción de novos talentos musicais galegos e rusos, este festival celebrará no Gaiás o seu cuarto concerto en Compostela, que será interpretado polos artistas seleccionados pola Fundación Vladímir Spivákov, con sé en Moscú; e pola fundación Mstislav Rostropóvic, liderada por Olga Rostropóvi, filla do cellista ruso recoñecido mundialmente polo gran público.
O Gaiás ofrece unha oportunidade única de ver os froitos desta unión de talentos a través dun concertos no que os participantes rusos e galegos formarán diversos conxuntos para interpretar obras mestras de insignes autorse. Brillantez ao piano, máximo virtuosismo co violín, voz melancólica no cello e lixereza na frauta. Como broche final os músicos galegos xunto cos rusos van interpretar un Tango Ruso, basado no tema da canción popular Noites de Moscú. (Ver programa completo na zona de descargas).



